Sony Xperia SP - Sincronizar con Microsoft® Exchange ActiveSync®

background image

Sincronizar con Microsoft® Exchange ActiveSync®

Cunha conta de Microsoft Exchange ActiveSync pode acceder ás súas mensaxes de

correo electrónico corporativo, citas do calendario e contactos directamente no

dispositivo. Cando finalice os axustes, poderá localizar a súa información nas

aplicacións Correo electrónico, Calendario e Contactos.

Para configurar correo electrónico, calendario e contactos corporativos para a

sincronización.

1

Desde a Pantalla de inicio, pulse .

2

Pulse Configuración > Engadir conta > Exchange ActiveSync.

3

Introduza o seu enderezo de correo electrónico corporativo e o contrasinal.

4

Pulse Seguinte. O dispositivo comeza a recuperar a información da conta. Se

se produce un erro, póñase en contacto co administrador da súa rede

corporativa para obter máis información, logo introduza o dominio e detalles do

servidor para a conta de xeito manual.

5

Pulse Aceptar para permitir que o seu servidor corporativo controle o

dispositivo.

6

Seleccione os datos que quere sincronizar co dispositivo, como os contactos e

as entradas do calendario.

7

Se o desexa, active o administrador de dispositivos para permitir que o seu

servidor corporativo poida controlar determinadas características de seguridade

do seu dispositivo. Por exemplo, pode permitir que o servidor corporativo

estableza as normas de contrasinais e a encriptación do almacenamento.

8

Cando remate a configuración, introduza un nome para a conta corporativa.

Para editar a configuración do correo electrónico, calendario e contactos

corporativos

1

Desde a Pantalla de inicio, pulse .

2

Pulse Correo electrónico e logo .

3

Pulse Axustes e seleccione unha conta corporativa.

4

Cambie os axustes que desexe.

Para axustar un intervalo de sincronización para unha conta corporativa

1

Desde a Pantalla de inicio, pulse .

2

Pulse Correo electrónico e logo .

3

Pulse Axustes e seleccione unha conta corporativa.

4

Pulse Frecuencia de busca e seleccione unha opción de intervalo.

Para eliminar unha conta corporativa

1

Desde a Pantalla de inicio, pulse .

2

Pulse Configuración > Exchange ActiveSync e, a continuación, seleccione a

súa conta corporativa.

3

Pulse e logo Eliminar conta.

4

Pulse Eliminar conta de novo para confirmar.