Montaxe
Para extraer a tapa traseira
•
Insira a unlla do polgar no espazo que hai entre a tapa traseira e un lateral do
dispositivo, e levante a tapa.
Para inserir a tarxeta micro SIM e a tarxeta de memoria
•
Desactive o seu dispositivo e extraia a tapa traseira, entón insira a tarxeta de
memoria e a micro tarxeta SIM nas rañuras correspondentes.
É posible que a tarxeta de memoria non se inclúa ao mercar o teléfono en todos os mercados.
O seu dispositivo precisa dunha tarxeta micro SIM. A inserción dunha tarxeta SIM
incompatible na rañura da tarxeta micro SIM pode danar a tarxeta ou o dispositivo; Sony non
garante e non se fará responsable de dano algún causado polo uso de tarxetas SIM
incompatibles ou modificadas.
Para fixar a tapa traseira
9
Esta é a versión en liña desta publicación. © Só se pode imprimir para uso persoal.
1
Coloque a tapa traseira sobre a parte posterior do dispositivo e, a continuación,
prema cara abaixo as esquinas superiores para facer que encaixen.
2
De arriba abaixo, exerza presión sobre os laterais da tapa. As pinzas situadas
no interior da tapa fan un son de clic ao encaixar no seu lugar.
Cinta transparente luminosa
A cinta transparente do teléfono ilumínase cando usa determinadas aplicacións,
cando se recibe unha chamada entrante e cando soa unha alarma. Pasados uns
segundos, escurécese para aforrar enerxía.
A cor da cinta iluminada varía en función do tema que utilice. Cando ve fotos na
galería, a cor cambia en función da foto que está a visualizar. Cando reproduce
música co reprodutor, a cor cambia cada vez que se amosa unha portada de álbum
diferente. Pode axustar estos diferentes efectos de luz.
Para establecer efectos de luz para o dispositivo
1
Desde a Pantalla de inicio, pulse .
2
Pulse Configuración > Pantalla > Efectos de luz.
3
Seleccione os efectos que quere utilizar.