Contas e servizos
Inicie a sesión nas dúas contas de servizos en liña desde o seu dispositivo para
acceder de xeito sinxelo estea onde estea. Por exemplo, pode integrar os contactos
da súa conta de Google™ nos seus Contactos para ter todo nun mesmo lugar. Pode
rexistrarse en novos servizos en liña desde o seu dispositivo do mesmo xeito que
desde o ordenador.
Conta de Google™
Ter unha conta de Google™ é imprescindible para usar diferentes aplicacións e
servizos no seu dispositivo Android™. Cómpre ter unha conta de Google™, por
exemplo, para usar a aplicación Gmail™ no seu dispositivo, para conversar cos seus
amigos usando Hangouts™, para sincronizar a aplicación de calendario do dispositivo
co seu Google Calendar™. Tamén necesita unha conta de Google™ para descargar
aplicacións e xogos, música, películas e libros desde Google Play™.
Conta Exchange ActiveSync
®
de Microsoft
®
Sincronice o seu dispositivo coa súa conta corporativa Exchange ActiveSync
®
de
Microsoft
®
. Deste xeito, leva sempre consigo o correo electrónico, os contactos e os
eventos do calendario do seu traballo.
Conta Facebook™
Facebook™ é un servizo de rede social que lle conecta con amigos, familia e colegas
de todo o mundo. Configure Facebook para que funcione no seu dispositivo e así
poder seguir en contacto desde calquera lugar.
12
Esta é a versión en liña desta publicación. © Só se pode imprimir para uso persoal.