Android™: que e por que?
O seu Xperia™ de Sony utiliza a plataforma Android™. Os dispositivos Android™
poden realizar moitas das mesmas funcións que executan os ordenadores e vostede
pode personalizalas para axeitalas ás súas necesidades específicas. Por exemplo,
pode engadir e eliminar aplicacións, ou modificar as aplicacións existentes para
mellorar a súa funcionalidade. En Google Play™ pode descargar unha ampla gama
de aplicacións e xogos dunha colección en constante crecemento. Tamén pode
integrar as aplicacións do seu dispositivo Android™ con outras aplicacións e cos
servizos en liña que utilice. Por exemplo, pode efectuar unha copia de seguridade dos
contactos do seu dispositivo, acceder ás súas diferentes contas de correo e
calendarios desde un mesmo lugar, realizar o seguimento das súas citas e participar
nas redes sociais.
Os dispositivos Android™ evolucionan dun xeito constante. Cando está dispoñible
unha nova versión do software e o seu dispositivo o soporta, pode actualizar o seu
dispositivo para obter novas características e as últimas melloras.
O seu dispositivo Android™ ten cargados previamente servizos Google™. Para sacar o
máximo partido dos servizos Google™ proporcionados, debe ter unha conta Google™ e
iniciar a sesión cando inicie o seu dispositivo por primeira vez. Tamén é necesario dispoñer
de acceso á Internet para usar moitas das características de Android™.
É posible que as novas versións do software non sexan compatibles con todos os
dispositivos.
7
Esta é a versión en liña desta publicación. © Só se pode imprimir para uso persoal.