Sony Xperia SP - Acender e apagar o dispositivo

background image

Acender e apagar o dispositivo

Para acender o dispositivo

Asegúrese de que a batería estea cargada polo menos 30 minutos antes de acender o

dispositivo por vez primeira.

1

Manteña premida a tecla de acendido ata que o dispositivo vibre.

2

Se a pantalla escurece, prema brevemente a tecla de acendido para activar

a pantalla.

3

Introduza o PIN da súa tarxeta SIM cando lle sexa requerido, logo pulse .

4

Se se bloquea a súa pantalla, coloque un dedo na pantalla e páseo cara a

arriba ou a abaixo para desbloqueala.

5

Agarde durante un intre mentres o dispositivo se inicia.

O PIN da súa tarxeta SIM fornéceo inicialmente o seu operador de rede, pero pode cambialo

máis tarde desde o menú configuración. Para corrixir un erro ao introducir o PIN da tarxeta

SIM, pulse

.

Para desactivar o dispositivo

1

Manteña premida a tecla de acendido ata que se abra o menú de opcións.

2

No menú de opcións pulse Apagar.

3

Pulse Aceptar.

O dispositivo pode tardar un anaco en apagarse.

10

Esta é a versión en liña desta publicación. © Só se pode imprimir para uso persoal.

background image

Para forzar o apagado do dispositivo

1

Extraia a tapa traseira.

2

Manteña premido o botón de apagado coa punta dun bolígrafo ou dun obxecto

similar. O dispositivo apágase automaticamente.

Non utilice obxectos excesivamente afiados que poidan danar o botón de apagado.