Fontes e servizos de localización
Use o dispositivo para descubrir onde está. Dispón de dous métodos ou fontes:
satélites GPS e redes sen fíos. Active a opción de redes sen fíos (Wi-Fi e redes
móbiles) se só precisa dunha localización aproximada e se a precisa rápido. Se
desexa obter unha posición máis exacta e ten unha visión clara do ceo, active a
opción de satélites GPS. En situacións nas que a conexión da rede sen fíos é débil,
debe activar ambas opcións para asegurarse de que se atopa a súa localización.
Ambas opcións actívanse de xeito predeterminado ao activar os servizos de
localización.
Sony non garante a precisión de ningún servizo de localización incluíndo, entre outros, os
servizos de navegación.
Para activar os servizos de localización
1
Arrastre a barra de estado cara abaixo e pulse .
2
Pulse Servizos de localización.
3
Arrastre o control desprazable a carón de Acceder á miña localización á
dereita.
4
Pulse Aceptar dúas veces para confirmar.
Cando activa os servizos de localización, Satélites GPS e Servizo de localización de Google
(Wi-Fi e redes móbiles) actívanse de xeito predeterminado. Pode desactivar calquera opción
manualmente.
Para permitir que as aplicacións de Google accedan á súa localización
1
Arrastre a barra de estado cara abaixo e pulse .
2
Pulse Google > Configuración de localización.
3
Arrastre o control desprazable a carón de Permitir a Google acceso á localiz.
á dereita.
Cómpre que inicie sesión na súa conta de Google™ para poder usar os servizos de
localización.