Información legal
SonyC5302/C5303/C5306
Esta guía do usuario está publicada por Sony Mobile Communications AB ou a súa empresa local asociada, e
non ofrece ningún tipo de garantía. Sony Mobile Communications AB pode levar a cabo melloras e cambios
nesta guía do usuario en calquera momento e sen previo aviso debido a erros tipográficos, inexactitudes na
información presentada ou melloras nos programas e/ou equipos. Non obstante, os cambios serán
incorporados en novas edicións desta guía do usuario.
©Sony Mobile Communications AB, 2013.
Todos os dereitos reservados.
O seu dispositivo móbil ten a capacidade de descargar, almacenar e reenviar contido adicional como, por
exemplo, tons de chamada. O uso dese contido pode estar restrinxido ou prohibido por dereitos de terceiras
partes, incluída, pero sen limitarse a ela, a restrición de acordo coas leis de dereitos de autor aplicables.
Vostede, e non Sony, será o responsable dos contidos adicionais descargados ou reenviados desde o seu
dispositivo móbil. Antes de utilizar calquera contido adicional, verifique que o uso que ten previsto efectuar está
autorizado ou que dispón de licenza para este. Sony non garante a precisión, integridade ou calidade dos
contidos adicionais ou de terceiras partes. Sony non se fará responsable baixo ningunha circunstancia do uso
non axeitado de contido adicional ou de terceiras partes.
Esta guía do usuario pode facer referencia a aplicacións ou servizos fornecidos por terceiras partes. O uso
destes programas ou servizos pode requirir un rexistro independente co provedor que constitúe a terceira parte
e pode estar suxeito aos termos de uso adicionais. Con relación ás aplicacións ás que se accede directamente
nunha páxina web de terceiros ou por medio dela, consulte previamente os termos de uso e a política de
privacidade do sitio web en cuestión. Sony non garante a dispoñibilidade nin o funcionamento de ningún sitio
web de terceiras partes nin dos servizos fornecidos.
Extraia a batería para ver información normativa como a marca CE.
Todos os nomes de produtos e empresas aquí mencionados son marcas comerciais ou marcas comerciais
rexistradas dos seus respectivos propietarios. Os dereitos non concedidos de xeito expreso neste manual están
reservados. O resto de marcas comerciais pertencen aos seus respectivos propietarios.
Visite
www.sonymobile.com para obter máis información.
As ilustracións que figuran no manual só serven para ilustrar o modelo e pode que non describan con precisión
o aspecto real do dispositivo.
Este produto está protexido por determinados dereitos de propiedade intelectual de Microsoft. Queda prohibido
o uso ou distribución da mencionada tecnoloxía fóra deste produto sen licenza previa por parte de Microsoft.
Os propietarios do contido utilizan a tecnoloxía de xestión de dereitos dixitais de Windows Media (WMDRM)
para protexer a súa propiedade intelectual, incluídos os dereitos de autor. Este dispositivo utiliza software
WMDRM para acceder a contido protexido mediante WMDRM. Se o software WMDRM non logra protexer o
contido, os propietarios do contido poden pedirlle a Microsoft que revogue a capacidade do software para
utilizar WMDRM para reproducir ou copiar contido protexido. A revogación non afecta a contido non protexido.
Cando descarga licenzas do contido protexido, acepta que Microsoft pode incluír unha lista de revogacións
coas licenzas. É posible que os propietarios do contido requiran que actualice o WMDRM para acceder ao seu
contido. Se rexeita unha actualización, non poderá acceder ao contido que require a actualización.
Este produto autorízase baixo as licenzas da carteira de patentes MPEG-4 visual e AVC para uso persoal e
non comercial dun consumidor para (i) codificar vídeo de acordo co estándar visual MPEG-4 ("vídeo MPEG-4")
ou o estándar AVC ("vídeo AVC") ou (ii) descodificar vídeo de formato MPEG- 4 ou AVC codificado por un
consumidor nunha actividade persoal e non comercial ou que se obtivo dun fornecedor de vídeos con licenza
de MPEG LA para fornecer vídeo MPEG-4 ou AVC. Non se concede ningunha licenza nin debe interpretarse
implícita para calquera outro uso. Pódese obter información adicional, incluíndo a relacionada con usos
publicitarios, internos, comerciais e de licenza, de MPEG LA, L.L.C. Consulte http://www.mpegla.com.
Tecnoloxía para descodificar son MPEG Layer-3 con licenza de Fraunhofer IIS e Thomson.
SONY MOBILE NON SERÁ RESPONSABLE POR CALQUERA PERDA, BORRADO E/OU SOBRESCRITURA
DE DATOS PERSOAIS OU OS FICHEIROS ALMACENADOS NO TELÉFONO (INCLUÍNDO, ENTRE
122
Esta é a versión en liña desta publicación. © Só se pode imprimir para uso persoal.
OUTROS, OS CONTACTOS, AS PISTAS DE MÚSICA E AS FOTOS) DERIVADOS DE CALQUERA
ACTUALIZACIÓN DO SEU DISPOSITIVO POR CALQUERA DOS MÉTODOS DESCRITOS NESTE MANUAL
DE USUARIO, ASÍ COMO OS DERIVADOS DO USO DE CALQUERA DAS INDICACIÓNS E CONSELLOS
PROPORCIONADOS BAIXO AS SUBSECCIÓNS “MÉTODOS PARA TRANSFERIR CONTACTOS” E
“ALMACENAMENTO DE DATOS” DESTE DOCUMENTO. EN NINGÚN CASO A RESPONSABILIDADE
TOTAL DE SONY MOBILE OU DOS SEUS FORNECEDORES CARA A VOSTEDE POR CALQUERA OU
TODOS OS DANOS, PERDAS E CAUSAS DE ACCIÓN (XA SEXA BAIXO CONTRATO OU AGRAVIO,
INCLUÍNDO, ENTRE OUTROS, A NEGLIXENCIA DE CALQUERA TIPO) EXCEDERÁ A CANTIDADE
PAGADA POR VOSTEDE POLO DISPOSITIVO.
123
Esta é a versión en liña desta publicación. © Só se pode imprimir para uso persoal.