Teclado reducido
O teclado reducido é semellante ao teclado estándar de 12 teclas dos móbiles. Este
teclado ofrece texto preditivo e opcións de entrada de varias pulsacións. O método de
entrada de texto con teclado reducido actívase nos axustes do teclado. Este teclado
só está dispoñible en orientación vertical.
1 Elixir unha opción de entrada de texto. Pode pulsar en cada carácter unha vez e usar as suxestións de
palabras ou pulsar e manter a tecla ata que se seleccione o carácter desexado.
2 Eliminar un carácter antes do cursor.
3 Introducir un retorno de carro ou confirmar a entrada de texto.
4 Introducir un espazo.
5 Amosar símbolos e emoticonas.
6 Amosar números.
7 Cambiar entre maiúsculas e minúsculas e activar o bloqueo de maiúsculas.
27
Esta é a versión en liña desta publicación. © Só se pode imprimir para uso persoal.
Para abrir o teclado reducido por primeira vez
1
Pulse nun campo de entrada de texto, despois pulse .
2
Pulse e logo Axustes do teclado.
3
Pulse Aparencia do teclado > Deseño do teclado.
4
Seleccione o teclado reducido.
Para introducir texto usando o teclado reducido
•
Cando aparece no teclado reducido, pulse cada tecla de carácter só unha
vez, aínda que a letra que precise non sexa a primeira letra da tecla. Pulse a
palabra que aparece ou pulse
para ver máis suxestións de palabras e
seleccionar unha palabra da lista.
•
Cando aparece no teclado reducido, pulse a tecla en pantalla para escribir o
carácter que desexa inserir. Manteña pulsada esta tecla ata que o carácter
desexado estea seleccionado. Despois faga o mesmo para o carácter que
queira escribir a continuación e así sucesivamente.
Para inserir números usando o teclado reducido
•
Cando se vexa o teclado telefónico, pulse . Aparece un teclado reducido con
números.
Para inserir símbolos e emoticonas usando o teclado reducido
1
Cando se vexa o teclado telefónico, pulse
. Aparece unha grade con
símbolos e emoticonas.
2
Desprácese cara a arriba ou abaixo para ver máis opcións. Pulse nun símbolo
ou emoticona para seleccionalo.