Sony Xperia SP - Teclado en pantalla

background image

Teclado en pantalla

Pode introducit texto con teclado QWERTY en pantalla pulsando cada letra de xeito

individual, ou pode usar a característica do método de entrada por trazos e desprazar

o seu dedo dunha letra a outra para formar palabras.
Pode seleccionar ata tres idiomas para entrada de texto. O teclado detecta o idioma

que está a usar e predi as palabras do idioma que está a escribir. Algunhas aplicación

abren de xeito automático o teclado en pantalla, por exemplo, as aplicacións de

mensaxes de texto.

1 Permite eliminar un carácter antes do cursor.

2 Permite introducir un retorno de carro ou confirmar a entrada de texto.

3 Permite introducir un espazo.

4 Permite personalizar o seu teclado. Esta tecla desaparece logo de personalizar o teclado.

5 Permite amosar números e símbolos. Para obter aínda máis símbolos, pulse

.

6 Permite cambiar entre minúsculas , maiúsculas e todo maiúsculas . Nalgúns idiomas, esta

tecla úsase para acceder aos caracteres extra do idioma.

Para amosar o teclado en pantalla para inserir texto

Pulse un campo de entrada de texto.

Para usar o teclado en pantalla en orientación horizontal

Cando apareza o teclado en pantalla, incline o dispositivo cara a un lado.

É posible que precise cambiar os axustes nalgunhas aplicacións para permitir a orientación

horizontal.

26

Esta é a versión en liña desta publicación. © Só se pode imprimir para uso persoal.

background image

Para introducir texto carácter a carácter

1

Para inserir un carácter visible no teclado, pulse o carácter.

2

Para inserir unha variante do carácter, toque e manteña un carácter normal do

teclado para obter unha lista das opcións dispoñibles e logo seleccione o

carácter que desexe. Por exemplo, para inserir "é", toque e manteña "e" ata

que aparezan outras opcións. A continuación, mentres mantén o seu dedo

premido no teclado, arrástreo ata "é" e seleccione ese carácter.

Para inserir un punto

Despois de introducir unha palabra, pulse dúas veces a barra espazadora.

Para introducir texto usando a función de entrada de xestos

1

Cando se vexa o teclado en pantalla, desprace o seu dedo polas letras para

trazar a palabra que desexa escribir.

2

Cando remate de introducir unha palabra, levante o seu dedo. Aparece a

suxestión dunha palabra de acordo coas letras que trazou.

3

Se a palabra que desexas non se amosa, pulse para ver outras opcións e

seleccionar segundo elas. Se a opción desexada non se amosa, elimine a

palabra completa e volva trazala, ou introduza a palabra pulsando en cada letra

de xeito individual.

Para cambiar os axustes de Método de entrada por trazos

1

Cando se amose o teclado en pantalla, pulse .

2

Pulse e logo Axustes do teclado> Axustes de entrada de texto.

3

Para activar ou desactivar a función de entrada por trazos, marque ou

desmarque a caixa de verificación Método de entrada por trazos.