Sony Xperia SP - Pantalla de inicio

background image

Pantalla de inicio

A pantalla de inicio é o punto de inicio para usar o dispositivo. Pode personalizala con

aplicacións, widgets, accesos directos, cartafoles, temas e fondos. Tamén pode

engadir paneis adicionais.
A pantalla de inicio esténdese alén do ancho da pantalla regular, polo que cómpre

tocar lixeiramente cara á esquerda ou á dereita para ver o contido de todos os paneis

da pantalla de inicio.

amosa a parte da pantalla de inicio

na que se atopa. Pode configurar un panel como o panel principal da pantalla de

inicio, ademais de engadir ou eliminar paneis.

18

Esta é a versión en liña desta publicación. © Só se pode imprimir para uso persoal.

background image

Para ir á pantalla de inicio

Prema .

Para navegar pola pantalla de inicio

Toque lixeiramente cara á dereita ou á esquerda.

Para establecer un panel como o panel principal da pantalla de inicio

1

Toque e manteña premida unha área baleira da Pantalla de inicio ata que vibre

o dispositivo.

2

Toque lixeiramente cara á esquerda ou á dereita para navegar ao panel que

desexe establecer como o seu panel principal da pantalla de inicio e logo pulse

.

Para engadir un panel á súa pantalla de inicio

1

Toque e manteña unha zona baleira na súa Pantalla de inicio ata que o

dispositivo vibre.

2

Toque lixeiramente cara á esquerda ou á dereita para navegar polos paneis,

entón pulse .

Para eliminar un panel da pantalla de inicio

1

Toque e manteña nun área baleira da súa Pantalla de inicio ata que o

dispositivo vibre.

2

Toque lixeiramente á esquerda ou á dereita para navegar cara ó panel que

quere eliminar, logo pulse .

Widgets

Os widgets son pequenas aplicacións que pode usar directamente na Pantalla de

inicio. Por exemplo, o widget de “WALKMAN” permítelle iniciar a reprodución de

música directamente.
Algúns widgets se poden redimensionar de xeito que pode agrandalos para ver máis

contido, ou encollelos para aforrar espazo na súa Pantalla de inicio.

Para engadir un widget á pantalla de inicio

1

Toque e manteña unha zona baleira na súa Pantalla de inicio ata que o

dispositivo vibre, entón pulse Widgets.

2

Localice e pulse o widget que desexa engadir.

19

Esta é a versión en liña desta publicación. © Só se pode imprimir para uso persoal.

background image

Para redimensionar un widget

1

Toque e manteña un widget ata que aumente e o teléfono vibre, entón libere o

widget. Se o widget pode redimensionarse, por exemplo, o widget de

Calendario, aparece un marco resaltado e os puntos para redimensionar.

2

Arrastre os puntos cara dentro ou fóra para reducir ou agrandar o widget.

3

Para confirmar o novo tamaño do widget, pulse en calquera lugar na Pantalla

de inicio.

Reorganización da súa pantalla de inicio

Personalice o aspecto da pantalla de inicio e cambie as características ás que pode

acceder desde ela. Cambie o fondo de pantalla e a posición dos elementos, cree

cartafoles e engada accesos directos e widgets.

Opcións de personalización

Cando toque e manteña nunha zona baleira da súa pantalla de inivio, aparecen as

seguintes opcións de pesonalización:

Engadir widgets á súa pantalla de inicio.
Engadir aplicacións e accesos directos.
Establecer un fondo para a súa pantalla de inicio.
Establecer un tema de fondo.

Para ver opcións de personalización desde a pantalla de inicio

Toque e manteña nunha área baleira da súa Pantalla de inicio ata que o

dispositivo vibre e aparezan as opcións de personalización na parte baixa da

pantalla.

Para engadir un acceso directo a súa pantalla de inicio

1

Toque e manteña nunha área baleira da Pantalla de inicio ata que vibre o

dispositivo e apareza o menú de personalización.

2

No menú de personalización, pulse Aplicacións.

3

Desprácese pola lista de aplicacións e seleccione unha. A aplicación

seleccionada engádese á Pantalla de inicio.

No paso 3, tamén pode pulsar Acc. direct. e logo seleccionar unha aplicación da lista

dispoñible. Se usa este método para engadir accesos directos, algunhas das aplicacións

dispoñibles permítenlle engadir funcionalidade específica ao acceso directo.

Para mover un elemento na pantalla de inicio

Toque e manteña o elemento ata que aumente e o dispositivo vibre, entón

arrastre o elemento ata a nova localización.

Para eliminar un elemento da pantalla de inicio

Toque e manteña un elemento ata que aumente e o dispositivo vibre, entón

arrastre o elemento ata .

Para crear un cartafol na pantalla de inicio

Toque e manteña unha icona de aplicación ou un acceso directo ata que se

amplíe e o dispositivo vibre, logo arrástreo e déixeo enriba doutra icona de

aplicación ou acceso directo.

Para engadir elementos a un cartafol na pantalla de inicio

Toque e manteña un elemento ata que aumente e o dispositivo vibre, entón

arrastre o elemento ata o cartafol.

20

Esta é a versión en liña desta publicación. © Só se pode imprimir para uso persoal.

background image

Para renomear un cartafol na pantalla de inicio

1

Pulse o cartafol para abrilo.

2

Pulse a barra de título do cartafol para amosar o campo Nome do cartafol.

3

Introduza o novo nome do cartafol e pulse Feito.

Cambiar o fondo da pantalla de inicio

Adapte a Pantalla de inicio ao seu estilo con fondos e diferentes temas.

Para cambiar o fondo da pantalla de inicio

1

Toque e manteña premida unha área baleira da Pantalla de inicio ata que vibre

o dispositivo.

2

Pulse Fondos e seleccione unha opción.

Para establecer un tema na súa pantalla de inicio

1

Toque e manteña nun área baleira da súa Pantalla de inicio ata que o

dispositivo vibre.

2

Pulse Temas e despois seleccione un tema.

Cando se cambia un tema, tamén cambia o fondo dalgunhas aplicacións.