Sony Xperia SP - Pantalla de bloqueo

background image

Pantalla de bloqueo

A pantalla de bloqueo é a pantalla que se ve cando o dispositivo está bloqueado, pero

a pantalla está activa. A pantalla de bloqueo pode ter ata cinco paneis e pode engadir

un widget a cada panel. Tamén pode acceder aos widgets desde a pantalla de

bloqueo. Por exemplo, pode engadir o widget Calendario e un widget de correo

electrónico para poder acceder rapidamente a estas aplicacións.

O widget Reloxo localizase de xeito predeterminado no panel central da pantalla de bloqueo.

Para engadir un widget á pantalla de bloqueo

1

Para activar a pantalla, prema brevemente a tecla de acendido .

2

Pase o dedo cara dentro desde a parte superior esquerda da pantalla ata que

apareza e logo púlseo.

3

Se é preciso, escriba o seu código PIN, patrón ou contrasinal para desbloquear

a pantalla.

4

Localice e pulse o widget que desexe engadir.

5

Siga as instrucións da pantalla, se é necesario, para rematar de engadir o

widget.

Para eliminar un widget da pantalla de bloqueo

1

Para activar a pantalla, prema brevemente a tecla de acendido .

2

Toque e manteña o widget que desexe eliminar e logo arrástreo ata .

Para mover un widget na pantalla de bloqueo

1

Para activar a pantalla, prema brevemente a tecla de acendido .

2

Toque e manteña o widget que desexa mover e logo arrástreo ata a nova

localización.