Estado e notificacións
A barra de estado na parte superior da súa pantalla amosa o que está a suceder no
seu dispositivo. Na parte esquerda aparecerán as notificacións cando haxa algo novo
23
Esta é a versión en liña desta publicación. © Só se pode imprimir para uso persoal.
ou en curso. Por exemplo, as novas mensaxes e as notificacións do calendario
aparecerán aquí. Na parte dereita amósase a cobertura, o estado da batería e outra
información.
A barra de estado permítelle axustar axustes básicos no seu dispositivo, por exemplo,
Wi-Fi®, Bluetooth™, tráfico de datos e son. Tamén pode abrir o menú de axustes
desde o panel de notificacións para cambiar outros axustes.
A luz de notificacións tamén lle ofrece información sobre o estado da batería e
algunhas notificacións. Por exemplo, unha luz azul pestanexando significa que hai
unha nova mensaxe ou unha chamada perdida. É posible que a luz de notificacións
non funcione se o nivel de batería é baixo.
Comprobar notificacións e actividades en curso
Pode arrastrar cara abaixo a barra de estado para abrir o panel Notificacións e obter
máis información. Por exemplo, pode usar o panel para abrir unha nova mensaxe ou
ver un evento do calendario. Tamén pode abrir algunhas aplicacións que se atopan
en execución en segundo plano, como o reprodutor de música.
Para abrir o panel de notificacións
•
Arrastre a barra de estado cara abaixo.
24
Esta é a versión en liña desta publicación. © Só se pode imprimir para uso persoal.
Para pechar o panel de notificacións
•
Arrastre a pestana da parte inferior do panel de notificación cara arriba.
Para efectuar unha acción sobre unha notificación
•
Pulse a notificación.
Para descartar unha notificación do panel de notificacións
•
Poña o dedo sobre unha notificación e toque lixeiramente cara á esquerda ou á
dereita.
Para borrar todas as notificacións do panel de notificacións
•
Pulse Borrar.
Axustar o dispositivo desde o panel de notificacións
Pode abrir o menú de axustes desde o panel de notificacións para cambiar os axustes
rápidos do dispositivo. Por exemplo, pode activar a Wi-Fi
®
.
Para abrir o menú de configuración do dispositivo desde o panel de notificacións
1
Arrastre a barra de estado cara a abaixo.
2
Pulse .
Para axustar axustes de son desde o panel de notificacións
1
Arrastre a barra de estado cara a abaixo.
2
Pulse .
Para controlar a función Bluetooth
®
desde o panel de notificacións
1
Arrastre a barra de estado cara abaixo.
2
Pulse .
Para controlar a función Wi-Fi® desde o panel de notificacións
1
Arrastre a barra de estado cara a abaixo.
2
Pulse .
Para axustar o nivel de brillo desde o panel de notificacións
1
Arrastre a barra de estado cara abaixo.
2
Pulse .
Personalizar os axustes rápidos desde o panel de notificacións
Pode personalizar os axustes rápidos desde o panel de notificacións se selecciona os
axustes rápidos que desexa e reorganizar o seu orde. Pode seleccionar ata 10
axustes rápidos ou tamén pode non seleccionar ningún deles.
25
Esta é a versión en liña desta publicación. © Só se pode imprimir para uso persoal.
Para seleccionar a configuración rápido desde o panel de notificacións
1
Arrastre a barra de estado cara abaixo e pulse .
2
Localice e pulse Pantalla > Axustes rápidos.
3
Seleccione a configuración rápida que desexe.
Para reorganizar a configuración rápida desde o panel de notificacións
1
Arrastre a barra de estado cara abaixo e pulse .
2
Localice e pulse Pantalla > Axustes rápidos.
3
Toque e manteña a carón de dun axuste rápido e móvao ata a posición que
desexe.