Sony Xperia SP - Control do uso de datos

background image

Control do uso de datos

Pode realizar seguimento da cantidade de datos transferidos a e desde o seu

dispositivo cos seus datos móbiles ou coa conexión Wi-Fi® nun periodo determinado.

Por exemplo, pode ver a cantidade de datos usados polas aplicacións individuais.

Para os datos transferidos coa conexión de datos móbil, pode establecer unha

advertencia de uso de datos e límites para evitas custos adicionais.

Axustar a configuración de uso de datos pode axudarlle a ter un maior control do uso de

datos pero isto non garante a prevención de custos adicionais.

Para activar ou desactivar o tráfico de datos

1

Arrastre a barra de estado cara abaixo e pulse .

2

Pulse Uso de datos.

3

Arrastre o control desprazable ao carón de Tráfico de datos móbiles para

activar ou desactivar o tráfico de datos.

Cando o tráfico de datos está desactivado, o seu dispositivo aínda pode establecer

conexións Wi-Fi® e Bluetooth®.

Para establecer unha advertencia no uso de datos

1

Asegúrese de que o tráfico de datos estea activado.

2

Arrastre a barra de estado cara abaixo e pulse .

3

Localice e pulse Uso de datos.

4

Para axustar o nivel de advertencia, arrastre as liñas de advertencia ata os

valores desexados. Recibirá unha notificación da advertencia cando a

cantidade de tráfico de datos chegue ao nivel establecido.

Para establecer un límite no uso de datos

1

Asegúrese de que o tráfico de datos estea activado.

2

Arrastre a barra de estado cara abaixo e pulse .

3

Localice e pulse Uso de datos.

4

Marque a caixa de verificación Establ. o límite de dat. móbiles se non está xa

marcada, despois pulse Aceptar.

5

Para establecer o límite no uso de datos, arrastre a liña correspondente ata os

valores desexados.

Cando o seu uso de datos chega ao límite establecido, o tráfico de datos do seu dispositivo

se desconectará de xeito automático.

Para controlar o uso de datos de aplicacións individuais

1

Arrastre a barra de estado cara abaixo e pulse .

2

Localice e pulse Uso de datos.

3

Localice e pulse a aplicación que desexe.

4

Marque a caixa de verificación Restrinxir datos de referencia.

5

Para acceder á configuración máis específica da aplicación (se está

dispoñible), pulse Ver axustes da aplicación e faga os cambios que desexe.

O rendemento das aplicacións individuais pode verse afectado se cambia os axustes de uso

de datos relacionados.

35

Esta é a versión en liña desta publicación. © Só se pode imprimir para uso persoal.

background image

Para ver datos transferidos a través de Wi-Fi®

1

Desde a Pantalla de inicio, pulse .

2

Localice e pulse Axustes > Uso de datos.

3

Pulse , despois marque a caixa de verificación Amosar uso de Wi-Fi se non

está marcada.

4

Pulse a pestana Wi-Fi.