Sony Xperia SP - Configuración de rede móbil

background image

Configuración de rede móbil

O dispositivo cambia automaticamente de rede móbil segundo as redes móbiles que

estean dispoñibles nos diferentes lugares. Tamén pode facer que o dispositivo se

conecte a un tipo concreto de rede móbil, por exemplo, WCDMA ou GSM.

Para seleccionar un modo de rede

1

Desde a Pantalla de inicio, pulse .

2

Localice e pulse Axustes > Máis... > Redes móbiles.

3

Pulse Modo de rede.

4

Seleccione un modo de rede.

Para seleccionar outra rede manualmente

1

Desde a Pantalla de inicio pulse .

2

Localice e pulse Axustes > Máis... > Redes móbiles > Operadores de rede.

3

Pulse Modo de busca > Manual.

4

Seleccione unha rede.

Se selecciona unha rede manualmente, o dispositivo non procurará outras redes, aínda que

saia da cobertura da rede seleccionada manualmente.

Para activar a selección automática de rede

1

Arrastre a barra de estado cara abaixo e pulse .

2

Localice e pulse Máis... > Redes móbiles > Operadores de rede.

3

Pulse Modo de busca > Automático.

Itinerancia de datos

Algúns operadores de rede permítenlle enviar e recibir datos móbiles cando está en

itinerancia fóra da súa rede doméstica. É recomendable comprobar de xeito

anticipado as tarifas correspondentes de transmisión de datos.

Para activar a itinerancia de datos

1

Desde a Pantalla de inicio, pulse .

2

Localice e pulse Axustes > Máis... > Redes móbiles.

3

Marque a caixa de verificación Itinerancia de datos.

Non pode activar a itinerancia de datos cando as conexións de datos están desactivadas.

36

Esta é a versión en liña desta publicación. © Só se pode imprimir para uso persoal.