Axustes da Internet e de mensaxería
Para acceder á Internet e enviar mensaxes multimedia, cómpre dispoñer dunha
conexión de datos para móbiles e dos axustes correctos, tamén coñecidos como
axustes de APN (Nome de punto de acceso). O APN identifica a rede á que pode
conectarse un dispositivo móbil.
Normalmente pode descargar os axustes de mensaxería e da Internet ao configurar o
dispositivo por primeira vez cunha tarxeta SIM introducida. Noutros casos, os axustes
poden estar instalados previamente. Se non, pode baixar ou engadir os axustes
manualmente. Póñase en contacto co seu operador de rede para obter información
detallada acerca dos seus axustes da Internet e de mensaxería.
Se non pode acceder á Internet, non ten unha conexión de datos ou non pode enviar nin
recibir mensaxes multimedia, tente eliminar todos os axustes de mensaxería e da Internet e
logo engadilos de novo.
Para descargar configuración da Internet e de mensaxería
1
Desde a Pantalla de inicio, pulse .
2
Localice e pulse Axustes > Xperia™ > Axustes da Internet.
3
Pulse Aceptar.
Para restablecer a configuración predeterminada da Internet
1
Arrastre a barra de estado cara abaixo e pulse .
2
Pulse Máis... > Redes móbiles.
3
Pulse Nomes puntos de acc. e logo .
4
Pulse Restabl. valores predeterm..
Nomes de Puntos de Acceso (APN)
Úsase un APN para establecer conexións de datos entre o seu dispositivo e a
Internet. O APN define que tipo de enderezo IP usar, que métodos de seguridade
invocar, e que conexións de punto fixo usar. Comprobar os APN é útil cando non
pode acceder á Internet, non ten conexión de datos, ou non pode enviar nin recibir
mensaxes multimedia.
Para ver o APN actual
1
Desde a Pantalla de inicio, pulse .
2
Localice e pulse Axustes > Máis... > Redes móbiles.
3
Pulse Nomes de puntos de acceso.
Se ten dispoñibles varias conexións, a conexión de rede activa sinalarase mediante un botón
marcado.
Para engadir manualmente a configuración da Internet
1
Desde a Pantalla de inicio, pulse .
2
Localice e pulse Axustes > Máis... > Redes móbiles.
3
Pulse Nomes de puntos de acceso > .
4
Pulse Nome e insira o nome do perfil de rede que desexe crear.
5
Pulse APN e introduza o nome do punto de acceso.
6
Introduza o resto da información que lle solicite o seu operador de rede.
7
Cando remate, pulse , logo pulse Gardar.
34
Esta é a versión en liña desta publicación. © Só se pode imprimir para uso persoal.
Información de uso
Por motivos de calidade, Sony Mobile recolle informes de erros de xeito anónimo e
estatístico relativos ao uso do seu dispositivo. Na información recollida non se inclúen
datos persoais.
Para permitir o envío de información de uso
1
Desde a Pantalla de inicio, pulse .
2
Localice e pulse Axustes > Xperia™ > Información de uso.
3
Marque a caixa de verificación Enviar info. de uso se non está xa marcada.
4
Pulse Aceptar.