Sony Xperia SP - Configurar o correo electrónico

background image

Configurar o correo electrónico

Use a aplicación de correo electrónico no seu dispositivo para enviar e recibir correos

electrónicos a través das súas contas de correo electrónico. Pode ter unha ou máis

contas de correo electrónico á vez, incluíndo contas corporativas de Microsoft

Exchange ActiveSync.

Para configurar unha conta de correo

1

Desde a Pantalla de inicio, pulse .

2

Localice e pulse Correo electrónico.

3

Siga as instrucións que aparecen na pantalla para completar a configuración.

Para algúns servizos de correo electrónico, pode precisar contactar co seu fornecedor de

servizos de correo electrónico para obter información detallada dos axustes para a conta de

correo.

Para engadir unha conta de correo adicional

1

Desde a súa Pantalla de inicio, pulse .

2

Localice e pulse Correo electrónico.

3

Se usa varias contas de correo, pulse , entón pulse Engadir conta.

4

Introduza o enderezo de correo electrónico e o contrasinal, despois pulse

Seguinte

. Se non se poden descargar de xeito automático a configuración da

conta de correo electrónico, complete a configuración de xeito manual.

5

Se se lle pide, introduza un nome para a súa conta de correo de xeito que sexa

facilmente identificable.

6

Cando remate, pulse Seguinte.

Para axustar unha conta de correo electrónico como a súa conta predeterminada

1

Desde a Pantalla de inicio, pulse .

2

Localice e pulse Correo electrónico.

3

Prema e logo pulse Axustes.

4

Seleccione a conta que desexe usar como conta predeterminada para

compoñer e enviar mensaxes de correo electrónico.

5

Marque a caixa de verificación Conta predeterminada. A caixa de entrada da

conta predeterminada aparece cada vez que abre a aplicación do correo

electrónico.

Se só ten unha conta de correo electrónico, esta conta convértese de xeito automático na

conta predeterminada.