Sony Xperia SP - Engadir e editar contactos

background image

Engadir e editar contactos

Para engadir un contacto

1

Desde a Pantalla de inicio, pulse e logo pulse .

2

Pulse .

3

Se ten sincronizados os contactos cunha ou máis contas e está a engadir un

contacto por primeira vez, cómpre seleccionar a conta á que desexa engadir

este contacto. Como alternativa, pulse Contacto de teléfono se só quere usar

e gardar este contacto no dispositivo.

4

Introduza ou seleccione a información que desexe para o contacto.

5

Cando remate, pulse Feito.

Despois de seleccionar unha conta de sincronización no paso 3, esa conta amosarase como a

conta predeterminada que ofrecerase na seguinte vez que engada un contacto, pero pode

cambiar a conta editando o contacto despois de gardalo.

Se engade un signo "+" e o prefixo de país antes do número de teléfono dun contacto, non

ten que volver a editar o número cando faga chamadas desde outros países.

Para editar un contacto

1

Desde a Pantalla de inicio, pulse e logo pulse .

2

Pulse no contacto que desexe editar e logo pulse .

3

Edite a información que desexe.

4

Cando remate, pulse Feito.

Algúns servizos de sincronización non permiten editar información de contacto.

Para asociar unha imaxe cun contacto

1

Desde a Pantalla de inicio, pulse , e logo pulse .

2

Pulse no contacto que desexe editar, e despois pulse .

3

Pulse e seleccione o xeito que desexe para engadir a imaxe do contacto.

4

Cando teña engadida a imaxe, pulse Feito.

Tamén pode engadir unha imaxe a un contacto directamente desde a aplicación Álbum.

Para personalizar o ton de chamada dun contacto

1

Desde a Pantalla de inicio, pulse e logo pulse .

2

Pulse no contacto que desexe editar e logo pulse .

3

Pulse > Seleccionar ton de chamada.

4

Seleccione unha opción e logo pulse Feito.

5

Pulse Feito.

Para eliminar contactos

1

Desde a Pantalla de inicio, pulse e logo pulse .

2

Toque e manteña o contacto que desexe eliminar.

3

Para eliminar todos os contactos, pulse a frecha abaixo para abrir o menú

despregable e logo seleccione Marcar todo.

4

Pulse e logo Eliminar.

46

Esta é a versión en liña desta publicación. © Só se pode imprimir para uso persoal.

background image

Para editar información de contacto acerca dun mesmo

1

Desde a Pantalla de inicio, pulse , e logo pulse .

2

Pulse Eu e logo .

3

Insira a nova información ou faga os cambios que desexe.

4

Cando remate, pulse Feito.

Para crear un contacto desde unha mensaxe de texto

1

Desde a Pantalla de inicio, pulse e logo localice e pulse .

2

Pulse > Gardar.

3

Seleccione un contacto existente ou pulse Crear novo contacto.

4

Edite a información do contacto e pulse Feito.