Smart Connect
Use a aplicación Smart Connect para establecer o que acontece no seu dispositivo ao
conectar ou desconectar un accesorio. Tamén pode usar Smart Connect para
establecer unha acción específica ou un grupo de accións para iniciar no seu
dispositivo a algunhas horas do día.
Por exemplo, cando conecta o seu equipo auricular, pode establecer un evento de
xeito que as seguintes accións se inicien no seu dispositivo:
•
Entre as 7 e as 9 da mañá, cando vaia ao traballo, a aplicación "WALKMAN" se inicia
e o navegador web abre o xornal. O volume do son se establece en vibración.
•
No camiño de volta do traballo, iníciase a radio FM e ábrese unha app de notas coa
súa lista da compra.
Para iniciar a aplicación Smart Connect
1
Desde a Pantalla de inicio, pulse .
2
Localice e pulse .
102
Esta é a versión en liña desta publicación. © Só se pode imprimir para uso persoal.
Crear un evento Smart Connect
1
Iniciar a aplicación Smart Connect. Se está a abrir Smart Connect por primeira
vez, pulse Aceptar para pechar a pantalla de introdución.
2
Na ficha Eventos, pulse .
3
Déalle un nome ao evento, logo pulse Crear.
4
En Cando, engada un accesorio ou un intervalo de tempo, ou ambos.
5
En Facer isto, engada o que desexe que faga o seu dispositivo.
6
En Ao final, engada o que queira que ocorra cando desconecte o accesorio ou
cando o intervalo de tempo chegue á súa fin. Se se establecen ambas
condicións, as accións comezan tanto cando desconecta o accesorio, como
cando o intervalo de tempo remata.
7
Para gardar o evento, seleccione .
Para engadir un accesorio Bluetooth®, primeiro ten que asoscialo co seu dispositivo.
Editar un evento Smart Connect
1
Iniciar a aplicación Smart Connect.
2
Na pestana Eventos, pulse un evento.
3
Se o evento está desactivado, arrastre o control desprazable cara á dereita.
4
Axuste a configuración como desexe.
Para eliminar un evento, pulse la fileira do evento, despois pulse >
Eliminar eventos e pulse
Eliminar para confirmar.
Xestionar dispositivos
Use a aplicación Smart Connect para xestionar diversos accesorios intelixentes que
pode conectar ao dispositivo, como SmartTags, SmartWatch e Smart Wireless
Headset pro de Sony. Smart Connect descarga calquera aplicación necesaria e
tamén atopa aplicacións de terceiros cando están dispoñibles. Os dispositivos
conectados anteriormente amósanse nunha lista que permite obter máis información
sobre as características de cada dispositivo.
Para asociar e conectar un accesorio
1
Inicie a aplicación Smart Connection. Se está a abrir Smart Connect por
primeira vez, pulse Aceptar para pechar a pantalla de introdución.
2
Pulse Dispositivos e logo .
3
Pulse Aceptar para comezar a procurar dispositivos.
4
Na lista de resultados da procura, pulse o nome do dispositivo que desexa
engadir.
Para cambiar os axustes dun accesorio conectado
1
Asocie e conecte o accesorio co dispositivo.
2
Inicie a aplicación Smart Connection.
3
Pulse Dispositivos e logo pulse o nome do accesorio conectado.
4
Cambie os axustes desexados.
103
Esta é a versión en liña desta publicación. © Só se pode imprimir para uso persoal.