NFC
Comparta datos con outros dispositivos, como vídeos, fotos, enderezos de páxinas
web, ficheiros de música ou contactos mediante a tecnoloxía Near Field
Communication (NFC). Tamén pode usar o NFC para escanear etiquetas que lle
ofrecen máis información sobre un produto ou servizo, ademais de etiquetas que
activan determinadas funcións no seu dispositivo.
NFC é una tecnoloxía sen fíos cun rango máximo dun centímetro, de xeito que os
dispositivos que comparten datos teñen que estar ben preto un do outro. Antes de
usar o NFC, primeiro ten que activar a función NFC e a pantalla do dispositivo ten que
estar activada.
É posible que NFC non estea dispoñible en todos os países e/ou rexións.
Para activar a función NFC
1
Desde a Pantalla de inicio, pulse .
2
Localice e pulse Configuración > Máis....
3
Marque a caixa de verificación NFC.
Área de detección NFC
A localización da área de detección NFC non é a mesma en todos os dispositivos. Cando
comparta datos con outro dispositivo que use NFC, consulte a guía do usuario do outro
dispositivo para obter máis información.
Para compartir un contacto con outro dispositivo usando NFC
1
Asegúrese de que ambos dispositivos teñen a función NFC activada e que
ambas pantallas estean activadas.
2
Para ver contactos, ir á súa Pantalla de inicio, pulsar , entón pulse .
3
Pulse no contacto que desexe enviar.
4
Coloque o seu dispositivo e o dispositivo receptor un contra o outro de xeito
que a área de detección NFC de cada dispositivo estean en contacto. Cando os
dispositivos conectan, vibran e reproducen un son curto. Aparece unha
miniatura do contacto.
5
Pulse na miniatura para iniciar a transferencia.
6
Cando remate a transferencia, a información do contacto se amosará na
pantalla do dispositivo receptor e tamén se gardará no dispositivo receptor.
93
Esta é a versión en liña desta publicación. © Só se pode imprimir para uso persoal.
Para compartir un ficheiro de música con outro dispositivo usando NFC
1
Asegúrese de que tanto o seu dispositivo como o dispositivo receptor teñen
activada a función NFC e que ambas pantallas están activas.
2
Para abrir a aplicación "WALKMAN™", pulse e logo pulse .
3
Seleccione unha categoría de música e navegue ata a pista que desexe
compartir.
4
Pulse a pista para reproducila. A continuación pode pulsar para facer unha
pausa na reprodución da pista. A transferencia funciona tanto se a pista está en
reprodución como en pausa.
5
Manteña a parte traseira do seu dispositivo pegada á do dispositivo receptor,
de xeito que se toquen as áreas de detección NFC dos dous dispositivos.
Cando os dispositivos conectan, vibran e reproducen un son curto. Aparece
unha miniatura da pista.
6
Pulse na miniatura para iniciar a transferencia.
7
Unha vez rematada a transferencia, o ficheiro de música reprodúcese
inmediatamente no dispositivo receptor. Ao mesmo tempo, o ficheiro gárdase
no dispositivo receptor.
É posible que non poida copiar, enviar ou transferir elementos protexidos mediante dereitos
de autor.
Para compartir unha foto ou vídeo con outro dispositivo usando NFC
1
Asegúrese de que ambos dispositivos teñen a función NFC activada e que
ambas pantallas estean activadas.
2
Para ver fotos e vídeos no dispositivo, vaia á súa Pantalla de inicio e pulse ,
despois localice e pulse Álbum.
3
Pulse na foto ou no vídeo que desexe compartir.
4
Coloque o seu dispositivo e o dispositivo receptor un contra o outro de xeito
que a áreas de detección NFC estean en contacto unha coa outra. Cando os
dispositivos conectan, vibran e reproducen un son curto. Aparece unha
miniatura da foto ou do vídeo.
5
Pulse na miniatura para iniciar a transferencia.
6
Cando a transferencia remate, na pantalla do dispositivo receptor se amosa a
foto ou o vídeo. Ao mesmo tempo, o elemento se garda no dispositivo receptor.
Tamén pode usar o NFC para compartir un vídeo desde a aplicación Películas.
Para compartir un enderezo web con outro dispositivo usando NFC
1
Asegúrese de que ambos dispositivos teñen a función NFC activada e que
ambas pantallas estean activadas.
2
Desde a súa Pantalla de inicio, pulse .
3
Para abrir o navegador web, localice e pulse .
4
Cargue a páxina web que desexa compartir.
5
Coloque o seu dispositivo e o dispositivo receptor un contra o outro de xeito
que a áreas de detección NFC estean en contacto unha coa outra. Cando os
dispositivos conectan, vibran e reproducen un son curto. Aparece unha
miniatura da páxina web.
6
Pulse na miniatura para iniciar a transferencia.
7
Cando a transferencia remate, na pantalla do dispositivo receptor se amosa a
páxina web.
Escanear etiquetas NFC
O seu dispositivo pode escanear varios tipos de etiquetas NFC. Por exemplo, pode
escanear etiquetas incluidas nun póster, nun valado de publicidade ou nun produto
dunha tenda. Pode recibir información adicional, como un enderezo web.
94
Esta é a versión en liña desta publicación. © Só se pode imprimir para uso persoal.
Para escanear unha etiqueta NFC
1
Asegúrese de que o seu dispositivo ten a función NFC activada e que a
pantalla estea activada.
2
Coloque o seu dispositivo sobre a etiqueta para que a área de detección NFC a
toque. O seu dispositivo escanea a etiqueta e amosa o contido recollido. Pulse
no contido da etiqueta para abrila.
3
Para abrir a etiqueta, pulse nela.
Conectar a un dispositivo NFC compatible
Pode conectar o seu dispositivo a outros dispositivos compatibles NFC fabricados por
Sony, como altofalante ou auriculares. Cando estableza este tipo de conexión, tome
como referenza a guía do usuario do dispositivo compatible para obter máis
información.
É posible que precise ter activado Wi-Fi® ou Bluetooth® en ambos dispositivos para que a
conexión funcione.