Duplicación de pantalla
Use a duplicación de pantalla para amosar a pantalla do seu dispositivo nunha TV ou
noutra pantalla grande sen usar unha conexión de cable. A tecnoloxía Wi-Fi Direct™
crea unha conexión sen fíos entre os dous dispositivos, de xeito que pode
permanecer sentado e desfrutar as súas fotos favoritas desde o seu confortable sofá.
Pode usar esta característica para escoitar música desde o seu dispositivo a través
dos auriculares da TV.
A súa TV debe soportar a duplicación de pantalla baseada en Wi-Fi CERTIFIED Miracast™
para que traballe a funcionalidad descrita enriba. Se a súa TV non soporta duplicación de
pantalla, cómpre mercar un adaptador de pantalla sen fíos por separado.
Cando use a duplicación de pantalla, a calidade da imaxe pode verse ás veces reflictida de
xeito negatico se hai interferencias doutras redes Wi-Fi®.
Para facer un espello da pantalla do dispositivo nunha pantalla de TV
1
TV
: Siga as instrucións da Guía do usuario da TV para activar a función de
espello da pantalla.
2
O seu dispositivo
: Arrastre a barra de estado cara abaixo e pulse .
3
Localice e pulse Conectividade Xperia™ > Duplicación de pantalla.
4
Pulse Activar Duplicación de pantalla e seleccione un dispositivo.
Ao usar o espello da pantalla, non tape a área da antena Wi-Fi do dispositivo.