Sony Xperia SP - Compartir contido con dispositivos DLNA Certified™‎

background image

Compartir contido con dispositivos DLNA Certified™

Pode ver ou reproducir contido multimedia gardado no seu dispositivo noutros

dispositivos como, por exemplo, unha TV ou un ordenador. Estes dispositivos deben

ser recoñecidos como DLNA Certified™ pola Digital Living Network Alliance e deben

estar conectados á mesma rede Wi-Fi® para poder compartir contido. Tamén pode

ver ou reproducir contido doutros dispositivos DLNA Certified™ no seu dispositivo.
Logo de configurar o modo para compartir contido entre dispositivos, pode, por

exemplo, escoitar ficheiros de música gardados no ordenador do seu fogar desde o

seu dispositivo ou ver fotos tomadas coa cámara do seu dispositivo nunha pantalla de

TV grande.

Reproducir ficheiros de dispositivos DLNA Certified™ no seu

dispositivos

Cando reproduce ficheiros doutro dispositivo DLNA Certified™ no seu dispositivo, o

outro dispositivo está a actuar como servidor. Isto quere dicir que comparte contido a

través dunha rede. O dispositivo servidor debe ter a función para compartir contido

activada e dar permiso de acceso ao seu dispositivo. Tamén debe estar conectado á

mesma rede Wi-Fi® que o seu dispositivo.

Para reproducir unha pista compartida no seu dispositivo

1

Asegúrese de que os dispositivos cos que quere compartir ficheiros están

conectados á mesma rede Wi-Fi® que o dispositivo.

2

Desde a Pantalla de inicio, pulse e logo localice e pulse WALKMAN.

3

Seleccione un dispositivo da lista de dispositivos conectados.

4

Navegue polos cartafoles do dispositivo conectado e seleccione a pista que

desexe reproducir. A pista comeza a reproducirse automaticamente.

Para reproducir un vídeo compartido no seu dispositivo

1

Asegúrese de que os dispositivos cos que quere compartir ficheiros están

conectados á mesma rede Wi-Fi® que o dispositivo.

2

Desde a Pantalla de inicio, pulse e logo localice e pulse Vídeos.

3

Seleccione un dispositivo da lista de dispositivos conectados.

4

Navegue polos cartafoles do dispositivo conectado e seleccione o vídeo que

desexe reproducir.

90

Esta é a versión en liña desta publicación. © Só se pode imprimir para uso persoal.

background image

Para ver unha foto compartida no seu dispositivo

1

Asegúrese de que os dispositivos cos que quere compartir ficheiros están

conectados á mesma rede Wi-Fi® que o dispositivo.

2

Desde a Pantalla de inicio, pulse .

3

Localice e pulse Álbum > Os meus álb.. Se amosan todos os seus álbums

dispoñibles en liña e todos os dispositivos conectados.

4

Seleccione un dispositivo da lista de dispositivos conectados.

5

Navegue polos cartafoles do dispositivo conectado e seleccione unha foto para

vela.

Preparativos para a reprodución de contido do dispositivo noutros

dispositivos DLNA Certified™

Antes de poder ver ou reproducir ficheiros multimedia do seu dispositivo noutros

dispositivos DLNA Certified™, cómpre configurar a opción de compartir ficheiros no

seu dispositivo. Os dispositivos cos que comparte contido chámanse dispositivos

cliente. Por exemplo, un televisor, ordenador ou tablet pode actuar como dispositivo

cliente. O seu dispositivo actúa como servidor multimedia ao pór contido a disposición

dos dispositivos cliente. Cando configura a opción de compartir ficheiros no seu

dispositivo debe outorgar permisos de acceso aos dispositivos cliente. Unha vez feito

isto, os dispositivos correspondentes aparecen como dispositivos rexistrados. Os

dispositivos que agardan o permiso de acceso amósanse como dispositivos

pendentes.

Para configurar a opción compartir ficheiros usando a característica Dispositivos

conectados[MR2]

1

Conecte o seu dispositivo a unha rede Wi-Fi®.

2

Desde a Pantalla de inicio, pulse e, a continuación, localice e pulse .

3

Pulse e logo Servidor multimedia.

4

Para activar a función Compartir multimedia, arrastre o control desprazable.

Aparece na barra de estado. O dispositivo xa pode funcionar como un

servidor multimedia.

5

Conecte o seu ordenador ou outros dispositivos á mesma rede Wi-Fi® que o

seu dispositivo.

6

Aparece unha notificación na barra de estado do dispositivo. Abra a notificación

e estableza os permisos de acceso correspondentes para outros dispositivos.

As instrucións descritas anteriormente poden diferir segundo os dispositivos clientes.

Consulte na súa guía de usuario do dispositivo cliente para obter máis información. Se o

dispositivo non pode conectar, comprobe que a súa rede Wi-Fi® estea funcionando.

Tamén pode acceder ao menú Servidor multimedia en Axustes > Xperia™ > Axustes do

servidor multimedia. Se pecha a vista Servidor multimedia, a función de compartir ficheiros

permanece en funcionamento nun segundo plano.

Para deter a función de compartir ficheiros con outros dispositivos DLNA

Certified™

1

Desde a Pantalla de inicio, pulse e, a continuación, localice e pulse .

2

Pulse e logo Servidor multimedia.

3

Arrastre o control desprazable para desactivar a función Compartir multimedia.

Para establecer permisos de acceso para un dispositivo pendente

1

Desde a Pantalla de inicio, pulse e, a continuación, localice e pulse .

2

Pulse e logo Servidor multimedia.

3

Seleccione un dispositivo da lista Dispositivos pendentes.

4

Seleccione un nivel de permiso de acceso.

91

Esta é a versión en liña desta publicación. © Só se pode imprimir para uso persoal.

background image

Para cambiar o nome dun dispositivo rexistrado

1

Desde a Pantalla de inicio, pulse e, a continuación, localice e pulse .

2

Pulse e logo Servidor multimedia.

3

Seleccione un dispositivo da lista Dispositivos rexistrados, despois seleccione

Cambiar nome

.

4

Introduza un novo nome para o dispositivo.

Para cambiar o nivel de acceso dun dispositivo rexistrado

1

Desde a Pantalla de inicio, pulse e, a continuación, localice e pulse .

2

Pulse e logo Servidor multimedia.

3

Seleccione un dispositivo da lista Dispositivos rexistrados.

4

Pulse Cambiar nivel de acceso e seleccione unha opción.

Para obter axuda sobre como compartir contido con outros dispositivos DLNA

Certified™

1

Desde a Pantalla de inicio, pulse e, a continuación, localice e pulse .

2

Pulse e logo Servidor multimedia.

3

Pulse .

Reproducir ficheiros nun dispositivo Digital Media Renderer

Coa tecnoloxía DLNA™, pode empurrar contido multimedia gardado no seu

dispositivo a outro dispositivo conectado á mesma rede Wi-Fi®. O outro dispositivo

ten que poder funcionar como dispositivo Digital Media Renderer (DMR), o que

significa que pode traducir ou reproducir contido recibido desde o seu dispositivo. Un

dispositivo DMR pode ser, por exemplo, unha TV con función DLNA, ou un PC con

Windows® 7 ou superior.

A configuración para activar o Digital Media Renderer pode variar dependendo do dispositivo

usado. Consulte a guía do usuario do dispositivo correspondente para obter información máis

detallada.

O contido con Digital Rights Management (DRM) non se pode reproducir nun dispositivo

Digital Media Renderer usando tecnoloxía DLNA™.

Para ver fotos ou vídeos do dispositivo noutro dispositivo DMR

1

Asegúrese de que configurou correctamente o dispositivo DMR e de que está

conectado á mesma rede Wi-Fi® que o seu dispositivo.

2

Desde a Pantalla de inicio, pulse .

3

Localice e pulse Álbum.

4

Busque e abra o ficheiro que desexe ver.

5

Pulse a pantalla para facer que se amosen as barras de ferramentas e, a

continuación, pulse e seleccione un dispositivo DMR para compartir con el o

contido. A reprodución dos ficheiros seleccionados comeza en orde cronolóxica

no dispositivo que seleccione.

6

Para desconectarse do dispositivo DMR, pulse e seleccione o seu

dispositivo. A reprodución do ficheiro detense no dispositivo DMR, pero

continúa no seu dispositivo.

Tamén pode compartir un vídeo desde a aplicación Movies no seu dispositivo pulsando o

vídeo e despois .

Para reproducir unha pista de música do dispositivo nun dispositivo DMR

1

Asegúrese de que configurou correctamente o dispositivo DMR e de que está

conectado á mesma rede Wi-Fi® que o seu dispositivo.

2

Desde a Pantalla de inicio, pulse e logo localice e pulse WALKMAN.

3

Seleccione unha categoría de música, vaia ata a pista que desexe compartir e

logo pulse a pista.

4

Pulse e seleccione o dispositivo DMR co que quere compartir o contido. A

pista reprodúcese automaticamente no dispositivo que seleccione.

5

Para desconectarse do dispositivo DMR, pulse e seleccione o seu

dispositivo. A reprodución da pista detense no dispositivo DMR, pero continúa

no seu dispositivo.

92

Esta é a versión en liña desta publicación. © Só se pode imprimir para uso persoal.