Uso do rexistro de chamadas
No rexistro de chamadas pode ver as chamadas perdidas , recibidas e os
números marcados .
Para ver as chamadas perdidas
1
Cando ten unha chamada perdida, aparece na barra de estado. Arrastre a
barra de estado cara abaixo.
2
Pulse Chamada perdida.
Para chamar a un número desde o seu rexistro de chamadas
1
Desde a Pantalla de inicio, pulse .
2
Localice e pulse Teléfono. A vista de rexistro de chamada aparece na parte
superior da pantalla.
3
Para chamar a un número directamente, pulse o número. Para editar un
número antes de chamar, toque e manteña o número desexado e despois
pulse Editar número antes de chamar.
Tamén pode chamar a un número pulsando > Devolver a chamada.
Para engadir un número do rexistro de chamadas aos contactos
1
Desde a Pantalla de inicio, pulse .
2
Localice e pulse Teléfono. A vista de rexistro de chamada aparece na parte
superior da pantalla.
3
Toque e manteña pulsado o número, despois pulse Engadir a Contactos.
4
Pulse o contacto que desexe, ou pulse Crear novo contacto.
5
Edite os detalles do contacto e pulse Feito.
40
Esta é a versión en liña desta publicación. © Só se pode imprimir para uso persoal.
Para ocultar o rexistro de chamadas
1
Desde a súa Pantalla de inicio, pulse .
2
Localice e pulse Teléfono.
3
Pulse > Ocultar rexistro de cham..