Restrinxir chamadas
Pode bloquear todas as chamadas entrantes e saíntes ou só determinadas categorías
das mesmas. Se recibiu un código PIN2 do seu fornecedor de servizos, tamén pode
usar unha lista de Números de marcación fixa (NMF) para restrinxir as chamadas
saíntes.
Para bloquear chamadas entrantes ou saíntes
1
Desde a Pantalla de inicio, pulse .
2
Localice e pulse Axustes > Axustes de chamada.
3
Pulse Bloqueo de chamada e seleccione unha opción.
4
Introduza o contrasinal e pulse Activar.
Cando configure o bloqueo de chamadas por primeira vez, cómpre introducir un contrasinal
para activar a función de bloqueo de chamadas. Debe usar o mesmo contrasinal despois se
desexa editar a configuración do bloqueo de chamadas.
Para activar ou desactivar a marcación fixa
1
Desde a Pantalla de inicio, pulse .
2
Localice e pulse Axustes > Axustes de chamada > Números de marcación
fixa
.
3
Pulse Activar marcación fixa ou Desactivar marcación fixa.
4
Introduza o PIN2 e pulse Aceptar.
Para acceder á lista de destinatarios de chamadas aceptadas
1
Desde a Pantalla de inicio, pulse .
2
Localice e pulse Axustes > Axustes de chamada > Números de marcación
fixa
> Números de marcación fixa.