Chamadas de emerxencia
O dispositivo admite os números de emerxencia internacionais, por exemplo, o 112 e
o 911. Normalmente é posible empregar estes números para efectuar chamadas de
emerxencia en calquera país, cunha tarxeta SIM inserida ou sen ela, cando se atopa
dentro da zona de cobertura da rede.
Para facer unha chamada de emerxencia
1
Desde a Pantalla de inicio, pulse .
2
Localice e pulse Teléfono.
3
Introduza o número de emerxencia e pulse . Para eliminar un número, pulse
.
Pode facer chamadas de emerxencia aínda que non haxa unha tarxeta SIM inserida ou as
chamadas saíntes estean restrinxidas.
Para realizar unha chamada de emerxencia mentres a tarxeta SIM está bloqueada
1
Desde a pantalla de bloqueo, pulse Chamada de emerxencia.
2
Introduza o número de emerxencia e pulse .
43
Esta é a versión en liña desta publicación. © Só se pode imprimir para uso persoal.