Sony Xperia SP - Axustes xerais da cámara

background image

Axustes xerais da cámara

Descrición xeral da configuración do modo de captura

Automático superior

Optimice a súa configuración para adaptala a calquera escena.

Manual

Axuste a configuración da cámara de xeito manual.

Efecto de imaxe

Aplique efectos a fotos.

Varrido panorámico

Use este axuste para tirar fotos panorámicas. Só ten que premer a tecla da cámara e movela cámara

sen deterse dun lado ao outro.

Inicio rápido

Use os axustes de Inicio rápido para iniciar a cámara cando a pantalla estea

bloqueada.

Só iniciar

Cando este axuste está activado, pode iniciar a cámara se a pantalla está bloqueada mantendo premida

a tecla da cámara.

Iniciar e capturar

Cando este axuste está activado, pode iniciar a cámara e capturar unha foto automaticamente se a

pantalla está bloqueada mantendo premida a tecla da cámara.

Iniciar e gravar vídeo

Cando este axuste está activado, pode iniciar a cámara e iniciar a captura de vídeo se a pantalla está

bloqueada mantendo premida a tecla da cámara.

Desactivado

69

Esta é a versión en liña desta publicación. © Só se pode imprimir para uso persoal.

background image

Xeoetiquetado

Etiquete fotos cos detalles do lugar onde se sacaron.

Captura táctil

Identifique unha zona de enfoque concreta tocando a pantalla da cámara co dedo. A

foto tírase en canto levanta o dedo. Só dispón deste axuste cando modo de enfoque

está axustado para enfocar ao tocar.

Son de foto

Escolla activar ou desactivar o son ao gravar un vídeo.

Almacenamento de datos

Pode escoller gardar os seus datos tanto nunha tarxeta SD extraíble como no

almacenamento interno do seu dispositivo.

Almacenamento interno

As fotos ou vídeos se gardan na memoria do dispositivo.

Tarxeta SD

As fotos ou vídeos se gardan na tarxeta SD.

Balance de brancos

Esta función axusta o balance de cor segundo as condicións de iluminación. O axuste

do balance de brancos está dispoñible na pantalla da cámara.

Automático

Axusta o balance de cor de xeito automático segundo as condicións de iluminación.

Incandescente

Axusta o balance de cor en condicións de iluminación cálidas, como baixo lámpadas de luz.

Fluorescente

Axusta o balance de cor para a iluminación fluorescente.

Sol

Axusta o balance de cor para exteriores con ceo soleado.

Nubrado

Axusta o balance de cor para ceos nubrados.

Este axuste só está dispoñible no modo de captura Manual.