Sony Xperia SP - Axustes da videocámara

background image

Axustes da videocámara

Para axustar a configuración da videocámara

1

Active a cámara.

2

Pulse nunha das iconas de configuración que aparece na pantalla.

3

Para amosar todos os axustes, pulse .

4

Seleccione o axuste que queira axustar e faga os seus cambios.

Descrición xeral dos axustes da videocámara

Resolución de vídeo

Axuste a resolución de vídeo para os diferentes formatos.

Full HD

1980×1080(16:9)

Formato Full HD (Full High Definition) con relación de aspecto 16:9. 1980×1080 píxeles.

HD

1280×720(16:9)

HD (Alta Definición) con formato de 16:9. 1280×720 píxeles.

MMS

Permite gravar vídeos axeitados para o envío en mensaxes multimedia. O tempo de gravación deste

formato de vídeo está limitado para adaptarse a unha mensaxe multimedia.

Este axuste só está dispoñible no Manual modo de captura.

Disparador automático

Co temporizador pode gravar vídeos sen necesidade de suxeitar o dispositivo. Úseo

para gravar vídeos en grupo nos que todo o mundo desexa aparecer. Tamén pode

usar o temporizador para evitar mover a cámara ao gravar vídeos.

Activado (10 s.)

Establécese unha demora de 10 segundos desde o momento en que se pulsa a pantalla da cámara ata

que comeza a gravarse o vídeo.

Activado (2 s.)

Establécese unha demora de 2 segundos desde o momento en que se pulsa a pantalla da cámara ata

que comeza a gravarse o vídeo.

Desactivado

O vídeo comeza a gravarse en canto se pulsa a pantalla da cámara.

Modo de enfoque

O axuste do enfoque controla que parte dun vídeo debe aparecer nítida. Cando o

enfoque automático continuo está activado, a cámara segue a axustar o enfoque de

xeito que a área interior do marco de enfoque branco permanece nítida.

Enfoq. autom. puntual

A cámara enfoca de xeito automático o suxeito seleccionado. O enfoque automático continuo está

activado.

Detección de caras

A cámara detecta de xeito automático ata cinco caras humanas, indicadas con marcos na pantalla. A

cámara enfoca de xeito automático a cara máis próxima. Tamén pode seleccionar que cara desexa

enfocar pulsando sobre ela na pantalla. Cando pulsa a pantalla da cámara, aparece un marco amarelo

73

Esta é a versión en liña desta publicación. © Só se pode imprimir para uso persoal.

background image

que amosa a cara que está a ser enfocada. A detección de caras non pode usarse con todos os tipos de

escenas. O enfoque automático continuo está activado.

Seguimento de obxecto

Cando selecciona un obxecto tocándoo no visor, a cámara ségueo por vostede.

Este axuste só está dispoñible no modo de captura Manual.

Medición

Esta función determina de xeito automático unha exposición equilibrada ao medir a

cantidade de luz que chegará á imaxe que quere capturar.

Central

Axusta a exposición no centro da imaxe.

Compensada

Calcula a exposición baseada na cantidade de luz de toda a imaxe.

Puntual

Axusta a exposición nunha pequena parte da imaxe que quere capturar.

Este axuste só está dispoñible no modo de captura Manual.

Micrófono

Permite seleccionar se desexa recoller o son de arredor durante a gravación de

vídeos.

Flash

Use a luz do flash para gravar vídeos cando as condicións de iluminación sexan

pobres ou haxa unha luz de fondo. A icona de flash de vídeo só está dispoñible na

pantalla da cámara de vídeo. Lembre que a calidade do vídeo ás veces é mellor sen

unha luz, mesmo en condicións de pouca iluminación.

Activado

Desactivado

74

Esta é a versión en liña desta publicación. © Só se pode imprimir para uso persoal.