Axustes da cámara fotográfica
Para axustar a configuración da cámara fixa
1
Active a cámara.
2
Para ver todos os axustes, pulse .
3
Seleccione o axuste que queira definir e logo edíteo como desexe.
Descrición xeral dos axustes da cámara fixa
Resolución
Seleccione entre varios tamaños de imaxe e formatos antes de tirar unha foto. As
fotos cunha maior resolución ocupan máis memoria.
3264×2448(4:3)
Un tamaño de imaxe de 8 megapíxeles cun formato de 4:3. Ideal para ver as fotos en pantallas que non
son anchas ou para imprimilas en alta resolución.
3104×1746(16:9)
70
Esta é a versión en liña desta publicación. © Só se pode imprimir para uso persoal.
Un tamaño de imaxe de 5 megapíxeles cun formato de 16:9. Ideal para ver as fotos en pantallas que non
son anchas ou para imprimilas en alta resolución.
1632×1224(4:3)
Un tamaño de imaxe de 2 megapíxeles cun formato de 4:3. Ideal para ver fotos en pantallas que non son
anchas.
1920×1080(16:9)
Un tamaño de imaxe de 2 megapíxeles cun formato de 16:9. Ideal para ver fotos en pantallas anchas.
Disparador automático
Co temporizador pódense sacar fotos sen necesidade de suxeitar o dispositivo. Use
esta función para facer autorretratos ou fotos de grupo nas que todos desexen saír na
foto. Tamén pode utilizar o disparador automático para evitar mover a cámara ao
facer fotos.
Activado (10 s.)
Establécese unha demora de 10 segundos desde o momento en que se pulsa a pantalla da cámara ata
que se tira a foto.
Activado (2 s.)
Establécese unha demora de 2 segundos desde o momento en que se pulsa a pantalla da cámara ata
que se tira a foto.
Desactivado
A foto tírase en canto se pulsa a pantalla da cámara.
Smile Shutter™
Use a función Smile Shutter™ para determinar con que tipo de sorriso reacciona a
cámara antes de tirar unha foto.
Modo de enfoque
A función de enfoque controla que parte dunha foto debe aparecer nítida. Cando o
enfoque automático continuo está activado, a cámara segue a axustar o enfoque de
xeito que a área interior do marco de enfoque amarelo permanece nítida.
Enfoq. autom. puntual
A cámara enfoca de xeito automático ao suxeito seleccionado. O enfoque automático continuo está
activado. Toque e manteña pulsada a pantalla da cámara ata que o marco amarelo de enfoque se volva
azul, o que quere dicir que o enfoque está axustado. A foto tírase cando se levanta o dedo.
Enfoq. autom. múltiple
O enfoque céntrase automaticamente en varios puntos da imaxe. Toque e manteña pulsada a pantalla da
cámara ata que o marco amarelo de enfoque se volva azul, o que quere dicir que o enfoque está
axustado. A foto tírase cando se levanta o dedo. O enfoque automático continuo está desactivado.
Detección de caras
A cámara detecta de xeito automático ata cinco caras humanas, indicadas con marcos na pantalla. A
cámara enfoca de xeito automático a cara máis próxima. Tamén pode seleccionar que cara desexa
enfocar pulsando sobre ela na pantalla. Cando pulsa a pantalla da cámara, aparece un marco azul que
amosa a cara que está a ser enfocada. A detección de caras non pode usarse con todos os tipos de
escenas. O enfoque automático continuo está activado.
Enfoque táctil
Toque unha zona concreta da pantalla da cámara para axustar a zona de enfoque. O enfoque automático
continuo está desactivado. Toque e manteña pulsada a pantalla da cámara ata que o marco amarelo de
enfoque se volva azul, o que quere dicir que o enfoque está axustado. A foto tírase cando se levanta o
dedo.
Este axuste só está dispoñible no modo de captura Manual.
ISO
Pode reducir o aspecto borroso dunha imaxe causado por condicións escuras ou
obxectos en movimiento aumentando a sensibilidade ISO.
Auto
Establece a sensibilidade ISO de xeito automático.
71
Esta é a versión en liña desta publicación. © Só se pode imprimir para uso persoal.
100
Establece a sensibilidade ISO en 100.
200
Establece a sensibilidade ISO en 200.
400
Establece a sensibilidade ISO en 400.
800
Establece a sensibilidade ISO en 800.
Este axuste só está dispoñible no modo de captura Manual.
Medición
Esta función determina de xeito automático unha exposición equilibrada ao medir a
cantidade de luz que chegará á imaxe que quere capturar.
Central
Axusta a exposición no centro da imaxe.
Compensada
Calcula a exposición baseada na cantidade de luz de toda a imaxe.
Puntual
Axusta a exposición nunha pequena parte da imaxe que quere capturar.
Este axuste só está dispoñible no modo de captura Manual.
Estabilizador de imaxes
Cando se saca unha foto, pode ser difícil suxeitar o dispositivo con firmeza. O
estabilizador de imaxes axúdalle compensando os movementos leves da man.
Este axuste só está dispoñible no modo de captura Manual.
Previsualizar
Pode previsualizar fotos ou vídeos mesmo despois de sacalos.
Ilimitado
A previsualización da foto ou do vídeo aparece despois de sacalo.
5 segundos
A previsualización da foto ou do vídeo aparece durante 5 segundos despois de sacalo.
3 segundos
A previsualización da foto ou do vídeo aparece durante 3 segundos despois de sacalo.
Editar
A foto ou o vídeo ábrese para a súa edición despois de sacalo.
Desactivado
A foto ou o vídeo gárdase despois de sacalo e non aparece ningunha previsualización.
Flash
Use o flash para sacar fotos cando as condicións de iluminación sexan pobres ou
haxa luz de fondo. Cando pulsa na icona de flash están dispoñibles as seguintes
opcións na pantalla da cámara:
Auto
A cámara determina de xeito automático se as condicións de iluminación precisan do uso dun flash.
Flash de recheo
Use este axuste cando o fondo teña máis brillo que o suxeito. Isto elimina as sombras non
desexadas.
Reduc. ollos vermellos
Reduce a cor vermella dos ollos ao sacar unha foto.
72
Esta é a versión en liña desta publicación. © Só se pode imprimir para uso persoal.
Desactivado
O flash está desactivado. Ás veces a calidade da foto é mellor sen o flash, mesmo en condicións de
pouca iluminación. Para sacar unha boa foto sen utilizar o flash, cómpre dispoñer dunha man firme.
Use o temporizador para evitar sacar fotos borrosas.
Lanterna
Unha lanterna ou luz da cámara actívase ao sacar fotos.