Localizar o seu dispositivo
Hai algunhas formas de localizar e protexer o seu dispositivo, aínda se o perde.
Usando o servicio “o meu Xperia”, vostede pode:
•
Procurar o seu dispositivo nun mapa.
•
Facer que soe unha alarma aínda que o dispositivo este en modo silencio.
•
Bloquear de xeito remoto o dispositivo e amosar a súa información de contacto nel.
•
Eliminar de xeito remodo as memorias interna e externa do dispositivo, como
derradeiro recurso.
Antes de usar o servicio "o meu Xperia” cómpre telo activado no seu dispositivo. Unha
vez activado o servizo, todo o que ten que facer é ir a
myxperia.sonymobile.com
e
iniciar sesión usando a mesma conta de Google™ que teña configurada no seu
dispositivo.
O servizo "o meu Xperia" non está dispoñible en todos os países/todas as rexións.
Para activar o servizo “my Xperia”
1
Arrastre a barra de estado cara abaixo e pulse .
2
Pulse Seguridade > MyXperia™ > Activar.
3
Marque a caixa de verificación e pulse Aceptar.