Sony Xperia SP - Actualizar o dispositivo

background image

Actualizar o dispositivo

Actualice o dispositivo á versión de software máis recente para obter un rendemento

óptimo e as últimas melloras. Pode usar a aplicación Centro de actualizacións no

dispositivo para executar unha actualización sen fíos ou a aplicación PC Companion

nun equipo para executar unha actualización usando unha conexión por cable USB.
Se executa a actualización sen fíos, pode usar unha conexión a unha rede móbil ou
Wi-Fi

®

. Asegúrese de facer unha copia de seguridade e de gardar todos os datos

almacenados no dispositivo antes de executar unha actualización.

É posible que as novas versións do software non sexan compatibles con todos os

dispositivos. Se executa unha actualización usando a aplicación Centro de actualizacións,

establécese unha conexión de datos e é posible que isto xere un custo adicional. Ademais, a

dispoñibilidade de actualizacións mediante a rede móbil depende do seu operador. Contacte

co seu operador de rede para obter máis información.

Actualizando o seu dispositivo sen fíos

Use a aplicación do centro de actualizacións para actualizar o seu dispositivo sen

fíos. Pode descargar actualizacións de software manualmente ou pode permitir ao

servicio de actualizacións que actualice o seu dispositivo de xeito automático en canto

as descargas estean dispoñibles. Cando a característica de descarga automática

estea activada, aparece unha notificación na barra de estado cada vez que hai unha

actualización dispoñible.

Para descargar actualizacións de software manualmente desde o Centro de

actualizacións

1

Desde a súa pantalla de inicio, pulse .

2

Localice e pulse Update Center.

3

Seleccione a actualización de aplicación ou do sistema que desexe e pulse ,

ou para descargar todas as actualizacións de aplicacións.

As actualizacións das aplicacións se executan de xeito automático despois de descargarse.

Coas actualizacións do sistema, instale a actualización de xeito manual despois da descarga.

Cando a instalación remate, o seu dispositivo reiniciarase de xeito automático. Poden

producirse custos de conexión de datos ao descargar actualizacións mediante redes móbiles.

Para activar actualizacións automáticas de software usando a aplicación Centro

de Actualizacións

1

Desde a súa pantalla de inicio, pulse .

2

Localice e pulse Update Center.

3

Prema , entón pulse Axustes.

4

Marque a caixa de verificación Permitir descargas automáticas, despois pulse

Aceptar

. As actualizacións agora se descargan de xeito automático en canto

están dispoñibles.

Poden producirse custos de conexión de datos ao descargar actualizacións mediante redes

móbiles.

Para instalar as actualizacións do sistema

1

Desde a súa pantalla de inicio, pulse .

2

Localice e pulse Update Center.

3

Seleccione unha actualización de sistema que desexe instalar, entón pulse .

Actualización do dispositivo cunha conexión con cable USB

Algunhas actualizacións non están dispoñibles para a descarga mediante unha

conexión sen fíos. A barra de estado infórmalle mediante notificacións da

dispoñibilidade destas actualizacións. Para descargar e executar as actualizacións,

cómpre ter un cable USB e un ordenador coa aplicación PC Companion. Pode

112

Esta é a versión en liña desta publicación. © Só se pode imprimir para uso persoal.

background image

instalar PC Companion no ordenador usando os ficheiros de instalación gardados no

seu dispositivo ou pode descargar a aplicación directamente desde a

páxina de software de PC Companion

.

Para iniciar a descarga de PC Companion co seu dispositivo

1

Conecte o dispositivo a un ordenador cun cable USB.

2

Cando se lle pida, siga as instrucións no dispositivo para iniciar a instalación de

PC Companion no ordenador.

Para descargar actualizacións de software utilizando unha conexión de cable USB

1

Instale a aplicación PC Companion no ordenador que use se non está xa

instalada.

2

Conecte o dispositivo ao ordenador usando un cable USB.

3

Ordenador

: Inicie a aplicación PC Companion. Despois duns intres, PC

Companion detecta o seu dispositivo e procura novo software para el.

4

Dispositivo

: Cando aparezan notificacións na barra de estado, siga as

instrucións da pantalla para efectuar as actualizacións de software pertinentes.

Para actualizar o dispositivo usando un ordenador Apple

®

Mac

®

1

Instale a aplicación Sony™ Bridge para Mac no ordenador Mac

®

de Apple

®

que

está a usar, se aínda non está instalada.

2

Cun cable USB, conecte o dispositivo ao ordenador Apple

®

Mac

®

.

3

Ordenador

: Inicie a aplicación Sony™ Bridge for Mac. Pasados uns intres,

Sony™ Bridge for Mac detecta o dispositivo e procura software novo para el.

4

Ordenador

: Se se detecta unha nova actualización de software para o

dispositivo, amósase unha ventá emerxente. Siga as instrucións en pantalla

para realizar as actualizacións de software correspondentes.

A aplicación Sony™ Bridge for Mac pode descargarse da

páxina de software Bridge for Mac

.