Compartir e xestionar fotos e vídeos
Pode compartir fotos e vídeos que xa ten almacenados no dispositivo. Tamén pode
xestionalos de diferentes xeitos. Por exemplo, pode traballar con fotos en lotes,
eliminar fotos e ligalas aos contactos.
É posible que non poida copiar, enviar ou transferir elementos protexidos mediante dereitos
de autor. Tamén é posible que non se envíen algúns elementos se o ficheiro é demasiado
grande.
Para compartir unha foto ou un vídeo
1
En Álbum, localice e pulse a foto ou o vídeo que desexe compartir.
2
Pulse na pantalla para ver as barras de ferramentas, logo pulse .
3
Pulse na aplicación que desexe usar para compartir a foto e logo siga os pasos
para enviala.
Para utilizar unha foto como imaxe dun contacto
1
Cando estea a ver unha foto, pulse na pantalla para ver as barras de
ferramentas e logo pulse > Usar como > Imaxe de contacto.
2
Se se lle solicita, seleccione Contactos > Só unha vez, e logo seleccione un
contacto.
Para usar unha foto como fondo
1
Cando estea a ver unha foto, pulse na pantalla para ver as barras de
ferramentas e logo pulse > Usar como > Fondo.
2
Siga as instrucións en pantalla.
Para xirar unha foto
1
Cando estea a ver unha foto, pulse na pantalla para ver as barras de
ferramentase logo pulse .
2
Seleccione Xirar. A foto gárdase coa nova orientación.
76
Esta é a versión en liña desta publicación. © Só se pode imprimir para uso persoal.
Para eliminar unha foto ou un vídeo
1
Cando estea a ver unha foto, pulse na pantalla para ver as barras de
ferramentas e logo pulse .
2
Pulse Eliminar.
Para traballar con lotes de fotos e vídeos no Álbum
1
Cando estea a ver miniaturas de fotos e vídeos no Álbum, pulse e logo pulse
Seleccionar elementos
.
2
Pulse os elementos cos que desexa traballar. Os elementos seleccionados
aparecen indicados cun marco azul.
3
Use as ferramentas da barra de ferramentas para traballar cos elementos que
seleccionou.
Para activar o modo de selección, tamén pode tocar e manter un elemento ata que o marco
se torne azul. Tamén pode pulsar outros elementos para seleccionalos.
Analizar fotos con caras no Álbum
No teu dispositivo podes analizar calquera foto que conteña caras. Unha vez
activada, a función de análise de foto permanecerá activada e as novas fotos
analizaranse segundo se vaian engadindo. Despois de realizar unha análise, pode
agrupar todas as fotos da mesma persoa nunha carpeta.
Para activar a característica de análise de foto
1
Desde a Pantalla de inicio, pulse .
2
Localice e pulse Álbum > Os meus álb. > Caras.
3
Todas as fotos do dispositivo analízanse e agrúpanse no cartafol de caras sen
nome segundo corresponda.
Poñerlle un nome a unha cara
1
No mosaico Caras, pulse o cartafol Caras sen nome e logo navegue ao
cartafol Outras caras e escolla a cara á que desexa poñerlle un nome.
2
Pulse Engadir nome.
3
Escriba un nome e logo pulse Feito > Engadir como nova persoa.
Para editar o nome dunha cara
1
Cando estea a ver unha cara na vista de pantalla completa, pulse na pantalla
para ver as barras de ferramentas e logo pulse > Editar etiquetas de nome.
2
Pulse Aceptar.
3
Pulse o nome da cara que desexe editar.
4
Edite o nome e logo pulse Feito > Engadir como nova persoa.